O C4 Sénior do Breogán do Grove proclámase campión galego por diante da canoa de equipo do Náutico O Muíño

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Fegapi

07 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O encoro ourensán de Castrelo de Miño foi o pasado sábado escenario do Campionato Galego de K4 e de C4, primeira proba de piragüismo esprint da temporada, sobre 3.000 metros. Na categoría absoluta, a tripulación do Breogán do Grove formada por Diego Romero, por David Barreiro, por Tono Campos e por Noel Domínguez fíxose co título con 5 segundos de vantaxe sobre Ramón Ferro, Adrián Sieiro, Manuel Fontán e Carlos Picón, que lle deron o subcampionato ao Náutico O Muíño. O K4 Sénior masculino das Torres-Romaría Vikinga fíxose co bronce.