O auditorio de Vilagarcía acolle esta semana as obras de teatro «O porco de Pe» e «Nai»
AROUSA
As funcións poñeranse en ecena o mércores e o venres a un prezo único de 5 euros
08 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O auditorio de Vilagarcía servirá a semana que vén de escenario teatral por partida dobre. Por unha banda, o mércores, coa representación de O porco de pe, baseada no clásico de Vicente Risco e dirixida por Quico Cadaval. Por outra, o venres, con Nai, a montaxe de Amorodio Teatro que foi suspendida hai días pola enfermidade que sufría unha das súas actrices. Nos dous casos as funcións comezarán ás oito do serán e as entradas poden adquirirse a través de ataquilla.com a un prezo único de cinco euros, que pode reducirse a tres coa tarxeta de desemprego, o Carné Xove ou unha idade superior a 65 anos. Tamén o mesmo día da posta en escena, na billeteira do auditorio a partir das 18 horas.
O porco de pé, en versión de Pepe Sendón, está protagonizada por Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, que introducen un «teatro de barracón». Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e un porco en elegante pose de equilibrista. Nai, pola súa banda, é unha montaxe multidisciplinar sobre Lola, Julia e Amparo Touza, que salvaron medio millar de persoas durante o Holocausto.