Leyre Villamediana gaña tamén con autoridade o Sector Oeste e pelexará o título nacional júnior

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Judo Club Pontevedra-Gimnasio Squash Vilagarcía

A vilagarciá acudirá á gran cita o 9 de marzo

27 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A perla do Judo Club Pontevedra-Gimnasio Squash Vilagarcía, Leyre Villamediana, ofreceu o pasado sábado unha nova mostra do seu potencial cunha impoñente actuación no Sector Oeste, cita intermedia entre o Campionato Galego e o Campionato de España Júnior de Judo.

Ao igual ca no torneo autonómico, Villamediana non atopou rival no Polideportivo Uco Lastra de Santander entre as aspirantes de Asturias, de Cantabria e de Castela-León, facéndose co primeiro posto e coa praza para a competición polo título nacional de menos de 63 quilogramos o 9 de marzo en Arganda del Rey (Madrid).

Quen non estará no Campionato de España Júnior de Judo será o compañeiro de club de Villamediana, o tamén arousán David Fernández, fóra dos postos de podio en -60 quilos en Santander.