Greenpeace inicia en Vilagarcía a campaña «Mercados libres de plásticos»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

ABEDIN TAHERKENAREH | EFE

As actividades desenvolveranse mañá no mercado con fin de frear e concienciar sobre o problema da contaminación

24 may 2024 . Actualizado a las 16:08 h.

Voluntarios da organización ecoloxista Greenpeace poñen en marcha este sábado a campaña «Mercados libres de plásticos» destinada a reducir o uso de plásticos nos mercados así como a pór en valor estes espazos de venda de produtos de proximidade.

O lugar escollido para lanzar esta iniciativa é Vilagarcía e no seu mercado desenvolveranse entre as 10 e as 14 horas unha serie de actividades destinadas a informar á cidadanía, pedindo a complicidade e a colaboración dos comerciantes e elaborando unha serie de propostas de mellora que, posteriormente, faranse chegar ao Concello. A campaña continuará nos vindeiros meses noutros concellos galegos.

Segundo o voluntariado da oenegué, en Galicia hai mercados «onde o uso do plástico segue a ser excesivo e non chegaron moitas das medidas de redución que se implementaron nas grandes superficies das cidades». Mentres, apuntan, os plásticos seguen contaminando a terra e o mar.