
Xoel Otero, compañeiro na Agrupación Atlética Mazí, quedou ás portas do podio de combinadas do Campionato de España Sub-23
11 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O deportista da Agrupación Atlética Mazí de Vilagarcía Álex César proclamouse a pasada fin de semana en Ordes novo campión galego sub-18 de xavelina. Fíxoo coa mellor marca da temporada, 56,62 metros, no seu sexto e último lanzamento, sacándolle case catorce metros e medio ao subcampión. O illense Xoel Otero, compañeiro de César na Mazí, quedou ao bordo do bronce en combinadas no Nacional Sub-23, cuarto con 4.842 puntos.