O Breogán do Grove organiza unha lectura de poemas de Rosalía de Castro

La Voz O GROVE / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A cita será o 23 de febreiro ás portas do Concello meco

16 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Breogán do Grove leva tempo poñendo os alicerces da súa sección cultural, que este ano está a traballar nun ambicioso calendario de actividades. A primeira das xa previstas será a celebración do Día de Rosalía de Castro, unha celebración que se fará dando vida aos versos escritos pola autora de Padrón. Así, o vindeiro 23 de febreiro, cando se conmemora a data de nacemento de Rosalía, haberá diante da casa do Concello, ás 12.30 horas, unha lectura dos seus poemas. Para organizar este acto, o Breogán conta «coa colaboración de persoas do colectivo Diversos Conversos, e outras que participarán a título individual». Todo o mundo pode sumarse a este evento: poden facelo a través do número de teléfono 606 955 770.