
O dato suaviza o crecemento do custe do metro cadrado no último ano
07 mar 2025 . Actualizado a las 16:15 h.O prezo medio da vivenda de segunda man en venda en Vilagarcía de Arousa situouse nos 1.571 euros o metro cadrado o pasado mes. O dato é do índice inmobiliario Fotocasa, que tamén sinala no seu último informe sobre a evolución do mercado do segmento de inmobles usados que a capital arousá rexistrou en febreiro un descenso notable, do 5,9 %, respecto ao prezo medio do mes anterior.
O que semella un respiro para todos cantos están á procura dun novo fogar de segunda man ante a escaseza e carestía dos pisos de nova construción relativízase ao poñer as luces longas. E é que desde Fotocasa apuntan a que as compra-vendas de segunda man en Vilagarcía encarecéronse nun 0,8 % na comparativa co mes de febreiro do 2024. Iso si, nada que ver co incremento do 16,8 % rexistrado no veciño Sanxenxo, ata os 3.224 euros o metro cadrado, unha referencia brutal só superada polos 3.873 de Nigrán.