A actividade será impartida por Guillerme Ignacio
01 may 2025 . Actualizado a las 09:40 h.A programación cultural do CMDC Breogán achegará este venres 2 de maio á Sala das Cunchas do Concello do Grove a charla-concerto As nosas pandereteiras: O canto de tradición oral nas Letras Galegas 2025. A proposta comezará ás sete e media da tarde e tratará de afondar no coñecemento das músicas de tradición oral, divulgando o gran labor das sete cantareiras homenaxeadas o vindeiro 17 de maio no día grande do galego: Eva Castiñeiras, Adolfina e Rosa Casás, Asunción e Prudencia Garrido, Manuela Lema e Teresa García. Erixidas en importantes figuras da cultura oral galega. A charla será impartida polo investigador Guillerme Ignacio, acompañado das pandereteiras Andrea Cabanelas e Noelia Villaverde.