
O club arousán contou con seis deportistas na selección española
01 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Kenpo Vilagarcía participou a semana pasada no Campionato do Mundo con seis deportistas formando parte da selección española que conquistaron sete ouros, cinco pratas e catro bronces na localidade portuguesa de Caldas da Rainha. Entre eles, sobresaíndo unha vez máis, Pedro Muñoz, campión do mundo en kata, en kobudo e en defensa persoal, as tres modalidades nas que puido competir a pesar dunha lesión que arrastra desde o Campionato de España de novembro.
Damián Murga, Martín Pintos e Sergio Alba foron campións en kata por equipos sénior e os dous primeiros tamén en defensa persoal júnior. Murga conseguiu ademais a prata en kobudo e combate semikenpo -70 quilos júnior e Pintos en semikenpo sénior -80. Alba, pola súa parte, sumou a prata en defensa persoal sénior con Pintos e os bronces en kobudo sub-21 e en fullkenpo sénior -60 quilos. O júnior Sergio Vidal fíxose coa prata en semikenpo -75 quilos e cos bronces en submission e en knockdown (kenpo MMA amateur), mentres que Pablo Muras conquistou os títulos de parakenpo en kata júnior e en kobudo sénior.