
Os veciños salvaron a embarcación de ser devorada polo lume de San Xoán
23 jun 2025 . Actualizado a las 21:16 h.O patrimonio marítimo non se queima. Isto ou algo moi semellante pensaron esta fin de semana algúns veciños do Grove, ao ver unha dorna amoreada nunha das fogueiras que ía ser prendida nesta noite de San Xoán. A chamada de atención a través das redes sociais conseguiu indultar do lume a Sálvora, unha dorna polbeira que os mecos coñecen coma bichoca. A asociación da Dorna Meca devolveuna onte ao mar e tratará de contribuír á súa recuperación.