18 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Ás dez da noite comezará na Armenteira o festival de jazz coa actuación de Pablo Castaño Cuarteto nunha mestura de música, bo ambiente e gastronomía. Máis tarde, ás 23.30 horas será a quenda de A Trionic Journey. O sábado os protagonistas serán Dani Font Cuarteto e David Taboada Trio. Os encargados de pechar o festival son Juyma Estévez Trio.