
O turismo internacional aumenta na zona con turistas de Francia ou Portugal
26 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Pasada xa a metade do verán, pouco a pouco comezan a saír datos sobre a ocupación da área do Salnés e da provincia en xeral, cifras nas que se poden ver reflectido o aumento de turistas e a súa repercusión na zona. A Deputación de Pontevedra revelou que o turismo estranxeiro na provincia medrou con respecto ao ano pasado, obtendo un 7 % máis de visitantes internacionais en xuño. Se botamos a vista atrás, vemos que este ano, con respecto ao 2024, incrementouse á ocupación hoteleira, superando o 46 % de media no conxunto da provincia. Pero hai varias cidades pontevedresas que superan esta media, a primeira é a capital: Pontevedra; seguida de Vigo.
Dentro da provincia destaca particularmente O Grove, cunha media de ocupación en xuño do 47% , segundo os datos que manexa o Observatorio de Turismo Rías Biaxas, que proveñen do Instituto Nacional de Estadística. A península meca sobresae por riba doutras localidades da zona en cifras e, neste mes de xullo, o concello celebrou as Festas do Carme, tiveron lugar multitude de concertos, entre os que se encontran os do Náutico de San Vicente e a Illa da Toxa recibiu a visita de celebridades como, Jennifer López, polo que se agarda un mantemento ou incremento destas cifras.
Máis turismo internacional
A sede de Turismo Rías Baixas, situada na oficina de turismo do Palacete de Mendoza, en Pontevedra, recibiu ata 2.200 visitantes, dos cales un 77 % son nacionais, pero o 23 % son estranxeiros, concretamente de países como Francia, Reino Unido e Portugal. Isto supón un incremento de visitantes internacionais, con respecto ao ano pasado, do 7 %.
Un tipo de turismo moi importante en Galicia é o das rutas cara Santiago de Compostela. Os itinerarios que atravesan a provincia son varios e en xullo xa pasaron ata 105.800 peregrinos. O camiño máis escollido é o Portugués, que percorreron 52.300 persoas, seguido poño Camiño Portugués pola Costa, con 46.400 camiñantes. A maioría destes peregrinos proceden de outros países, destacando a Portugal, Estados Unidos, Alemaña e Italia.
O presidente da Deputación, Luís López, sinala que atraer ao público internacional é un dos grandes obxectivos da súa estratexia de turismo para a provincia de Pontevedra, estratexia que califica como exitosa.