Sigaltec CLB e Cortegada sacan un abono conxunto para todos os seus partidos de Liga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Os carnés están xa á venda

24 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O proxecto conxunto de baloncesto base tras o CLB vén de dar un paso adiante máis. Desta volta, ofertando esta nova tempada un abono conxunto que lles permitirá aos afeccionados ao baloncesto de Vilagarcía presenciar a totalidade dos partidos de liga regular dos equipos séniores de referencia dos dous clubs que sustentan o CLB: o Sigaltec e o Mariscos Antón Cortegada.

O primeiro volverá en outubro 16 anos despois á antiga EBA, hoxe denominada Tercera FEB, co segundo continuando un ano máis, camiño das dúas décadas, na Liga Femenina 2. Os interesados poderán ver no Pavillón Municipal Sara Gómez os 13 partidos de Liga dun e os 13 do outro por 40 euros o carné individual. Os clubs promotores ofertan ademais a opción dun carné familiar, con dous accesos ao pavillón por 70 euros toda a tempada.

A partir de onte é posible adquirir xa os carnés de abonados, reservándoos vía online a través dun código QR para recollelos segundo conveña nun dos establecementos colaboradores co CLB.