
A formación denuncia que o alcalde manteña bloqueada a súa proposta para recuperar a parcela coma espazo público
11 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Somos Ribadumia denunciou onte que o alcalde, David Castro, mantén bloqueada a súa proposta para que o Concello adquira a parcela da antiga Alfageme e a recupere como espazo público e reclamo turístico. A formación arousá asegura que o Igape ofreceuna este verán por 150.000 euros sen poxa, pero o rexedor popular non presentou oferta, malia admitir en privado que era unha oportunidade máis que interesante.
Agora o terreo, de 8.700 metros cadrados, sae a poxa por 193.000 euros cun prazo que remata o 30 de setembro. Somos critica que Castro rexeite as súas iniciativas por interese partidario e lembra que o orzamento municipal segue sen aprobar. Ademais, avanza que, de gobernar no 2027, derrubarán o edificio, resolverán os problemas de salubridade e devolverán o espazo á veciñanza. Consideran que a parcela, polas súas limitacións urbanísticas, dificilmente atraerá investimento privado.