
A adquisicón dos títulos supuxo unha inversión de maís de 1.500 euros
04 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A biblioteca municipal da Arousa ampliou notablemente o seu catálogo grazas ás inversións realizadas a través de dous programas de fomento da lectura cos nomes Ler conta moito e Novidades editoriais en galego.
O primeiro destes plans ten como obxectivo a adquisición e divulgación de obras de ficción, ensaio e literatura infantil e xuvenil «de alta demanda», mentres que o segundo busca garantir que as instalacións dispoñan das publicacións máis relevantes escritas no noso idioma. O orzamento total ascende a 1.577,65 euros, repartidos en 802,46 para o primeiro programa e 775,19 para o segundo.
Manu Otero, edil de Cultura do Concello definiu como «fundamentais» uns investimentos que servirán «non so para adquirir libros», senón para achegar tamén novas «ferramentas de lecer e coñecemento a toda a veciñanza».