Cambados xa se prepara para un Samaín terrorífico

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O concelleiro de Festas, Tino Cordal, anunciou a programación que comprenderá moita música, un evento no pazo de Torrado e o magosto popular de Fefiñáns

18 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Só para valentes. Así serán as actividades programadas polo Concello de Cambados para a celebración do Samaín durante os últimos días do mes de outubro e os primeiros de novembro.

Tino Cordal, edil de Festas, vén presentou o repertorio de eventos que poñerán os pelos de punta aos veciños da localidade e que dará comezo coas arrepiantes actuacións da escola de música e conservatorio elemental municipais no auditorio de A Xuventude entre os días 27 e 30 pola tarde. Os mesmos conxuntos sairán a rúa o día 30 a ofrecer a súa música á veciñanza cambadesa que é invitada a unirse disfrazada, conformando, igual que o ano pasado, unha terrorífica Santa Compaña. O propio día do Samaín, o 31 de outubro, terá lugar no entorno do pazo de Torrado unha festa ambientada e decorada ao xeito que corresponde e con música. Finalmente, o 2 de novembro celebrarase pola tarde un magosto popular na praza de Fefiñáns.