O auditorio da Illa acolle unha exposición sobre pancartas sobre a inmigración
A ILLA
A ILLA DE AROUSA
![](https://img.lavdg.com/sc/Jg6em0cpCGOrzf7GelwzgxNQtYo=/480x/2025/02/07/00121738932241981375618/Foto/a_20250125_134853001.jpg)
A mostra inaugurarase este domingo ás 12 horas logo do obradoiro celebrado o mes pasado
07 feb 2025 . Actualizado a las 13:50 h.Este domingo ás 12 horas inaugurarase no auditorio de A Illa a exposición cós traballos realizados no Obradoiro de Pancartas sobre Inmigración realizado hai dúas semanas na Escola de Pau. O obradoiro estivo organizado polo Círculo do Silencio Pontevedra e o muralista Sebas, en colaboración co Concello de A Illa, a asociación cultural Dorna, o cineclube Entrecortiñas e a asociación cultural A Casa Branca.
No Obradoiro participaron máis de cincuenta persoas entre veciños e visitantes, aportando palabras, frases, poemas, debuxos ou pinturas, dando lugar a un arquivo dunhas vinte pancartas que estarán expostas durante dous meses no auditorio.