![](https://img.lavdg.com/sc/HPCwpNx86_2080BRrroYSntC-nY=/480x/2025/02/10/00121739216162093964882/Foto/a_20250210_122245000.jpg)
As Torres-Romaría Vikinga, Náutico Pontecesures e Náutico O Muíño contan con novos reis autonómicos de embarcacións dobres
11 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Unha semana despois do Campionato Galego de K4 e de C4, o encoro pontevedrés de Verducido foi o pasado sábado escenario da cita autonómica para as embarcacións por parellas, os K2 e C2. Unha proba que contou, un ano máis, cun notable protagonismo arousán, con cinco títulos, un deles por equipos, e once podios.
Adrián Pose e Diego Miguéns, das Torres-Romaría Vikinga de Catoira, colgáronse o ouro no C2 sénior masculino e Nerea Novo e Ainara Rodríguez, do Náutico Pontecesures, no feminino, coa grovense Valeria Oliveira e a súa compañeira no Piragüismo Poio Iria Tilve prata. Tamén gañaron cadanseu títulos autonómicos as xuvenís do Náutico O Muíño Silvia Gago e Lara Remigio, no C2 feminino da súa categoría, e Tomás Pérez e Gabriel Cascallar, das Torres-Romaría Vikinga, no C2 cadete masculino.
Iván Alonso e Izan Aliaga (As Torres-Romaría Vikinga) e Marta Mourelos e Llara Tuset (Breogán do Grove) foron prata no K2 sénior, e Catuxa Suárez e Sara García (Piragüismo Illa de Arousa), bronce no K2 infantil feminino.
A nivel de equipos, o Náutico Pontecesures gañou a clasificación infantil feminina con 1.090 puntos, coas xuvenís do mesmo club segundas con 132 e as cadetes do Piragüismo Illa de Arousa terceiras da categoría.