O Club Ciclista Cultural de Cambados presentará en sociedade a súa refundación cos 21 corredores pioneiros da década dos 70
CAMBADOS

O acto está programado para este sábado e nel nomearánse presidentes honoríficos a Ernesto Falcón Padín e a Modesto Sánchez Alba, Teto
28 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O Club Ciclista Cultural de Cambados cumpre este ano o medio século desde a súa fundación, a cargo de Ernesto Falcón Padín e de Modesto Sánchez Alba, Teto. Un grupo de afeccionados, con Tito Fariña á fronte en calidade de presidente, decidiuse a recuperar o club tras un par de anos sen actividade polo pasamento de Falcón. E este sábado, ás 19.30 horas na Cultural que foi e seguirá sendo a súa sede, presentarán en sociedade o seu novo e ambicioso proxecto, que inclúe a volta a un equipo ciclista, pero tamén unha sección de triatlón. Ademais de nomear presidentes honoríficos os seus dous fundadores, no acto reuniránse os 21 ciclistas das dúas primeiras temporadas do club. Entre eles, Álvaro Pino.