Unha árbore por cada un dos nenos nados no 2024 en Cambados

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

Concello e Deputación colaboran coa Fundación Condado de Taboada nun fermoso proxecto de arborización

26 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Non puido ser no Día da Árbore, polo mal tempo, pero si onte, aproveitando o regreso do sol. O Concello de Cambados levou a cabo unha fermosa plantación de árbores. Un exemplar por cada un dos 86 nenos e nenas que naceron no municipio arousán o ano pasado. O terreo escollido atópase no remate do paseo do Pombal e, ademais da institución municipal, no seu desenvolvemento participaron a Deputación de Pontevedra e a Fundación Condado de Taboada. Un exemplo de arborización ben entendida no que o alcalde, Samuel Lago, fixo as honras.