Mónica Touriño e Kiko Martínez compiten no Mundial ICF de Canicrós

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CATOIRA

Mónica Touriño, no Mundial ICF do 2022
Mónica Touriño, no Mundial ICF do 2022 CEDIDA

Fano cos seu compañeiros vigueses do club Kennel Den de Catoira Óscar e Noelia Piñeiro

18 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O club Kennel Den de Catoira está representado esta fin de semana por cinco dos seus deportistas en dúas citas de primeiro nivel internacional.

No Mundial ICF de Bardonecchia, Italia, a catoirense e laureada canicroser Mónica Touriño disputará o sábado e o domingo a proba de canicrós veterana I e o vilagarcián Kiko Martínez a de veterano II. Faráno cos seus compañeiross vigueses Óscar e Noelia Piñeiro nas liñas de saída de canicrós e patín veteranos I e de bici sénior feminino. Na cita, organizada por unha federación, a ICF, centrada exclusivamente en categoría dun can, participarán máis de 600 deportistas, con mangas o sábado e o domingo.

Valeria Gudiri Diéguez, compañeira de club dos anteriores, compite pola súa banda en Finlandia no cadro de canicrós sénior do Campionato Europeo da federación IFSS.