06 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
O Concello de Catoira e a empresa adxudicataria anunciaron onte o inminente inicio da obra de restauración do centro social de Abalo. Trátase dun inmoble no que non se fan melloras de calado dende os anos noventa, polo que vai precisando con urxencia unha posta a punto. A mellora incluirá o acondicionamento e pintado do espazo, a instalación de nova carpintería exterior, calefacción e illamento térmico para conseguir unha mellor eficiencia enerxética, así como para aumentar a comodidade para as veciñas e veciños que acoden as actividades que nel se organizan.