
Realizarase a roza da maleza das sendas e da área de esparexemento, a renovación das varandas dos camiños e o cambio das papeleiras
23 abr 2025 . Actualizado a las 15:12 h.O Concello de Catoira vai actuar en Pedras Miúdas para poñer en valor este espazo natural mediante traballos de mellora da contorna: a roza da maleza das sendas e da área de esparexemento, a renovación das varandas dos camiños e o cambio das papeleiras. Estímase que se retirarán 300 metros cúbicos de restos silvícolas, equivalentes a aproximadamente 60 toneladas. O investimento será de máis de 52.000 euros financiados con fondos da Deputación de Pontevedra. O alcalde, Xan Castaño, anuncia a contratación inmediata das obras, que teñen un prazo de execución de tres meses.
Ademais, o Concello executar unha actuación valorada en 711.000 euros para conectar a zona da lagoa co centro da vila de maneira peonil. A intención é crear un novo paseo entre o núcleo urbano e o espazo natural con zonas de estancia e descanso, renovando pavimentos e servizos, instalando nova iluminación, novo arborado e novo mobiliario urbano. Estas obras desenvolveranse no 2026, conseguindo unha mellora integral tanto do acceso como da área de lecer.
Castaño lembra que se Catoira pode gozar deste espazo natural é grazas á loita veciñal de «Salvemos a lagoa» entre o 2003 e o 2007, que evitou que a lagoa se convertera nun vertedoiro de produtos de construción.