Finaliza á instalación da comunidade solar enerxética en Meaño

G. B. BANDÍN / R. E. MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

O traballo permitirá xerar un autoconsumo racional nos centros educativos e deportivos de Coirón-Dena

05 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Co fin de mellorar a eficiencia enerxética nas infraestruturas municipais e deportivas, o Concello de Meaño comprometeuse cun proxecto de gran envergadura. Tratábase da instalación dun sistema fotovoltaico de autoconsumo compartido nos centros educativos e deportivos de Coirón-Dena. Os espazos asociados foron o pavillón; o colexio; a piscina e a Escola Infantil Municipal.

A instalación pretende diminuír o consumo enerxético municipal sen prexudicar o servizo. Así, búscase proporcionar unha enerxía verde coa consecuente redución das emisións de dióxido de carbono (CO2) á atmosfera.

A implantación deste sistema supuxo con un investimento de 59.569 euros. O proxecto foi cofinanciado no 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.