O torneo organizado polo club local permitiulles a decenas de curiosos coñecer un deporte novidoso por estes lares
05 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Case un cento de xogadores e decenas de curiosos. O primeiro torneo oficial de pickleball organizado en Meis polo club local serviu de escaparate a un deporte nacido hai máis de medio século nos Estados Unidos pero apenas coñecido inda en España. Os espectadores que acudiron ao Pavillón Municipal do Mosteiro puideron ver unha particular mestura de tenis, de tenis de mesa, de bádminton e de pádel, que o Club Pickleball Pontevedra de Meis pretende popularizar na provincia.