O BNG recollerá firmas en Meis este sábado para pedir máis persoal no centro de saúde

La Voz MEIS

MEIS

MONICA IRAGO

O Bloque pídelle á Xunta que acabe coa «desatención da poboación»

19 jun 2025 . Actualizado a las 12:52 h.

A do BNG de Meis súmase ás voces que están a pedir que se resolvan as carencias en atención primaria. No seu caso piden que se cubran de forma inmediata as baixas e vacacións dos médicos e do resto do persoal sanitario no centro de saúde de Meis «para evitar que a poboación quede desentendida durante semanas, especialmente agora nos meses de verán».

Con tal motivo, este sábado estarán na Praza da Feira recollendo firmas para demandar máis persoal e cubrir as baixas nos centros de saúde do concello e que se reforce a comarca con máis ambulancias medicalizadas ante do aumento da poboación na época estival. «O Partido Popular na Xunta segue a deteriorar a sanidade pública sen cubrir os postos de todo o persoal sanitario provocando unha gran desatención na poboación, cancelándose citas, adiándose outras e cuns tempos de espera que non representan a sanidade pública que defendemos».