O Grove abrirá o domingo a temporada de bateis e Vilaxoán organizará o Provincial
O GROVE

A Bandeira Amegrove será a primeira das quince regatas de rodaxe de cara á pelexa polos títulos e as medallas
23 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os clubs de remo iniciarán esta fin de semana a temporada 2025 de bateis. Na Territorial Sur, co porto de Meloxo coma escenario da primeira das quince regatas que darán paso á loita polos títulos e as medallas deste curso. O domingo, desde as once da mañá, a rada meca verá a oitava edición da Bandeira Amegrove.
Será esta a primeira das catro citas que a temporada de bateis ofrecerá este ano en augas da banda sur da ría de Arousa. Ademais da Bandeira Amegrove, organizada polo club que lle dá nome, o sábado 15 de marzo o Club de Remo Mecos exercerá de anfitrión da novena edición da Bandeira Lavanova. Unha semana despois, a frota máis numerosa da remo de banco fixo congregaráse no porto de Vilaxoán para competir na décimo sétima Bandeira Concello de Vilagarcía.
A Bandeira Concello de Bueu pechará o calendario de quince regatas que dará paso a un Campionato Provincial de Bateis que este ano se organizará en Vilaxoán, o sábado 12 e o domingo 13 de abril. Será a chave de entrada ao Campionato Galego que a semana seguinte se fará en Bueu. O Campionato de España está inda por determinar.