O ciclismo galego celebra os seus éxitos no 2023 en Ribadumia

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Martina Miser

25 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Foron moitos os motivos para a celebración. E onte, no Auditorio Municipal de Ribadumia, o mundo do ciclismo galego celebrounos todos xuntos, recoñecendo na súa gala anual os 80 corredores que se subiron aos podios dos campionatos ou das clasificacións das copas de España das diferentes modalidades do deporte das dúas rodas no 2023. O acto tivo tamén espazo para varias mencións especiais. A máis emotiva entre o público local, a entregada á familia do exciclista e mecánico cambadés Modesto Sánchez, falecido o mes pasado.