O programa do 8M de Ribadumia inclúe a participación de Empresarias Galicia

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Acto de presentación da programación do 8M no Concello de Ribadumia
Acto de presentación da programación do 8M no Concello de Ribadumia Martina Miser

A asociación ofrecerá un «networking» o día 6 de marzo no auditorio. Tamén haberá un contacontos, unha gala de homenaxe ás mulleres e a presentación dun libro

28 feb 2024 . Actualizado a las 15:31 h.

A asociación Empresarias Galicia ofrecerá unha charla en Ribadumia dentro da programación organizada polo Concello co gallo da conmemoración do 8M. Será o 6 de marzo, ás 19 horas no auditorio de Ribadumia con entrada libre, e contará coa participación de María Jesús Soutullo Crespo, mediadora experta en resolución de conflitos. Ao rematar abrirase unha quenda de intervencións baixo o formato de networking.

O programa do 8M abrirase o día 1 coa colocación de un gran lazo no Concello ao tempo que se desenvolve unha campaña en redes sociais por parte do alumando da ESO. O día 8 darase lectura a un manifesto, o día 10 celebrarase a gala de homenaxe ás mulleres, o día 14 terá lugar un contacontos e o 19 será a presentación libro El cielo de los imperfectos de Belén Varela.

Dos detalles da programación douse conta esta mañá nunha rolda de prensa celebrada no Concello coa presenza de membros do goberno local e da asociación Empresarias Galicia. O alcalde, David Castro, falou do papel que xoga a administración a prol de conquerir a igualdade entre homes e mulleres e da aposta que fai Ribadumia neste eido con iniciativas ao longo de todo o ano en contacto coa comunidade escolar e co CIM.