Ribadumia dá a coñecer esta tarde o nome dos seus mellores deportistas a temporada pasada
RIBADUMIA
A Festa do Deporte celebra a súa sétima edición no Auditorio Municipal
26 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Auditorio de Ribadumia é esta tarde o escenario da sétima edición da Festa do Deporte. Unha gala que a partir das sete da tarde desvelará os gañadores das quince categorías destinadas a recoñecer a aqueles deportistas, clubs, entidades, patrocinadores e medios de comunicación que salientaron á hora de elevar o nome da localidade e de visibilizar o labor dos primeiros entre a sociedade ao longo da temporada pasada.
Os nomes dos elixidos saíron da votación entre as candidaturas presentadas en tempo e forma dun xurado composto polo concelleiro de Deportes, un técnico municipal, un representante de cada un dos grupos políticos con presenza na corporación, gañadores do Mérito Deportivo das edicións anteriores e representantes especializados en deporte dos medios de comunicación de maior difusión da comarca.