Pesar en Ribadumia polo falecemento do exconcelleiro Antonio Roma

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Dende o goberno local trasladan as condolencias á súa familia

31 oct 2024 . Actualizado a las 22:18 h.

Os seus achegados chamábanlle Toño. Tiña 57 anos de idade e durante un bo tempo adicou parte da súa vida a intentar mellorar a dos seus veciños. Antonio Roma Arcos, que foi concelleiro do PP na corporación municipal de Ribadumia durante varios mandatos, morreu este xoves. Dende o Concello emitiron un comunicado de condolencias: «Antonio era veciño da parroquia de Barrantes, de carácter amable e cercano, sempre amosou o seu lado mais afable. Traballou de xeito constante por construir unha Ribadumia mellor».« Toda a Corporación Municipal lamenta profundamente o seu inesperado e repentino pasamento, deixando un fondo pesar neste Concello», continúa o comunicado oficial no que as distintas organizacións quixeron, «nestes difíciles momentos, expresar as nosas máis sinceras condolencias á familia de Antonio Roma, aos seus familiares, as súas amizades, así como a todos aqueles que comparten a dor desta perda».

Antonio Roma está a ser velado na sala número 2 do tanatorio de Ribadumia. O funeral será mañá, ás seis e cuarto da tarde, na igrexa parroquial de Barrantes.