«Chichi e mais eu» proxéctase en Ribadumia dentro do Ciclo Mestre Mateo

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

cedida

A cita será este venres no auditorio municipal

13 nov 2024 . Actualizado a las 10:59 h.

O auditorio municipal de Ribadumia acolle este venres 15 de novembro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra coa finalidade de achegar as longametraxes e curtametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, que comezará ás 21 horas, exhibirase a cinta documental Chichi e mais eu, dirixida por Nico Campos.

El filme está centrado na figura de Xesús Chichi Campos, pioneiro do cómic galego, galerista, humorista e figura de relevancia na loita antifranquista. Sen embargo, malia o seu carácter pioneiro, é unha das figuras máis esquecidas da cultura galega. O documental percorre a súa vida e obra trinta anos despois da súa morte e da man do seu fillo, que intenta responder as preguntas que deixou sen facer (tiña 11 anos no momento do seu pasamento).