Somos alerta da perda dun 20 % da masa forestal da Carballeira de Ribadumia
RIBADUMIA
![](https://img.lavdg.com/sc/FJviHLptsR2Tf_RcMfr0To9-8dc=/480x/2024/11/15/00121731683221712744429/Foto/a_20231107_174519000.jpg)
Dos 130 árbores que había en 2019 quedan 95, afirman desde o grupo da oposición
15 nov 2024 . Actualizado a las 16:09 h.A carballeira de Ribadumia perdeu en cinco anos máis do 20 % da súa masa arbórea de xeito que de preto de 130 árbores contabilizadas no 2019 quedan 95, «e iso despois de perder varias árbores por unha enfermidade tratada no 2017», segundo os datos dos que dispón Somos Ribadumia. O grupo da oposición afirma que, hai unhas semanas, a alcaldía dou orde de cortar unha vintena de árbores sas e deixou sen cortar e as árbores que están enfermas. «A solución de David Castro: pasar a motoserra».
Dende Somos Ribadumia lembran que presentaron hai meses unha moción cunha proposta para, dende o ámbito político e coa axuda de persoal técnico, «dispor un plan de actuacións que permitan unha xestión da Carballeira e doutros espazos emblemáticos do noso concello e a súa posta en valor». «Pero David Castro é como o can do hortelán, nin come nin deixa comer», engade a formación que lidera Sergio Soutelo.