![Bruno Arias dirixiu o documental sobre a súa tía Xela Arias](https://img.lavdg.com/sc/CG5SFzkIphqtUV-vPfXARX0ILP4=/480x/2024/11/20/00121732100881649359858/Foto/V04G1317.jpg)
O filme está centrado na figura da poeta Xela Arias, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2021
20 nov 2024 . Actualizado a las 12:31 h.O auditorio municipal de Ribadumia acolle este venres 22 de novembro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra coa finalidade de achegar as longametraxes e curtametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, que comezará ás 21 horas, exhibirase a cinta documental Os espazos en branco, dirixida por Bruno Arias.
A filme está centrado na figura da poeta Xela Arias, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2021 conseguindo converterse nun éxito de vendas sen precedentes. O director da cinta é sobriño da autora, que morreu cando el só tiña cinco anos e da que ten a «espiña cravada» de que, malia ser unha das persoas que máis o influíron na súa vida, apenas lembra nada dela en vida. 18 anos despois da súa perda, Bruno Arias decide transitar as caras e lugares que viviu a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.