A entrega tivo lugar este mediodía na casa do Concello
02 ene 2025 . Actualizado a las 16:03 h.Ribadumia culminou hoxe a campaña de recollida de xoguetes da Asociación de Comerciantes Ribadumia Agárdate en colaboración co Concello coa entrega dos donativos a Cáritas Interparroquial de Barrantes.
«Nestas datas tan especiais, temos a oportunidade de contribuír co noso gran de area para axudar ás familias do noso municipio que non poden mercar regalos para os máis pequenos, achegándolles ilusión e felicidade na medida do posible. Deste xeito, tamén estamos transmitindo á nosa cativada e mocidade a importancia da solidariedade e outros valores humanos que caracterizan estas festividades», segundo indican desde o Concello.