Javier Mougán repite como secretario xeral do PSOE de Ribadumia

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

Foi reelixido por unanimidade dentro dunha executiva que inclúe caras novas

27 jun 2025 . Actualizado a las 10:30 h.

A agrupación local do PSdeG-PSOE de Ribadumia vén de renovar os seus cargos orgánicos para os vindeiros catro anos. Javier Mougán foi reelixido por unanimidade como secretario xeral, quen asume esta renovación «con ilusión, responsabilidade e moita motivación».

«Somos unha forza política xa consolidada como alternativa de goberno, cun compromiso firme coa veciñanza e cun proxecto que cremos necesario para modernizar, humanizar e democratizar a xestión municipal», sinalou co obxectivo de acadar a alcaldía nas eleccións de 2027.

A nova executiva local, conformada tras o proceso asembleario, complétase do seguinte xeito: Marcos Castro González, secretario de Organización; José Luis Martínez Magariños Litri, secretario de Política Municipal; Silvia Álvarez Santamaría, secretaría de Igualdade, e Susana Abuín Chaves, secretaría de Cultura e Educación.