Impúxose tamén na quinta e derradeira proba, o pasado domingo no Grove
17 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Anos leva o Club Náutico O Muíño de Ribadumia demostrando na auga facer o mellor traballo coas categorías de iniciación ao piragüismo de competición. Esta tempada non foi diferente. O pasado domingo, no Grove, fíxose co triunfo na quinta e derradeira proba da Liga Provincial para categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
O Muíño gañou catro das cinco regatas do calendario da Liga Provincial, rematando segundo na restante. Ademais, o seu equipo de promesas proclamouse campión galego de K1 en Arnoia, Ourense, e subcampión na cita autonómica de K2, esta última, co club como organizador en Ribadumia.