Visita da escola de verán a Mina Mercedes

La Voz VALGA

VALGA

Os nenos déronlle de comer aos patos e gansos e realizaron un inventario de especies arbóreas

22 jul 2021 . Actualizado a las 17:42 h.

A Escola de Verán de Valga saíu esta mañá de ruta co grupo de alumnos de máis idade, que se desprazaron xunto a varios monitores e voluntarios á Mina Mercedes. Os rapaces foron camiñando dende o colexio de Baño, no que se desenvolven as actividades estivais, ata a lagoa. Alí botáronlles comida aos patos e gansos, merendaron e realizaron un inventario das distintas especies de árbores que bordean a lagoa.

A Escola de verán, organizada polo Concello para favorecer a conciliación laboral e familiar dos veciños de Valga durante as vacacións escolares,deu comezo a mediados con todas as prazas cubertas na primeira quenda, que se prolongará ata finais de mes.

Trinta rapaces de entre 4 e 14 anos participan nas actividades que se desenvolven no recinto do colexio Baño-Xanza de 9 a 14 horas e coas que se fomentan valores baseados na igualdade de xénero, o respecto ao medio ambiente e se traballa na concienciación dos rapaces para construír un mundo máis respectuoso, igualitario e xusto.