Valga conta cunha nova centenaria

La Voz VALGA

VALGA

Concepción Jamardo celebrou o seu siglo de vida

27 ene 2024 . Actualizado a las 20:35 h.

Valga conta cunha nova centenaria. Trátase de Concepción Jamardo Neira, veciña do Sixto, que este sábado cumpriu cen anos converténdose na terceira veciña máis lonxeva do municipio despois de María Tarrío, de Moldes, con 101, e Manuela Duro, de Casal de Eirigo, que cumpriu o século de vida no pasado.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo acudiron a felicitala en nome de todos os valgueses  e agasallárona cun ramo de flores,  unha placa de prata e unha torta para que soprara as velas.

Concepción estaba rodeada da súa familia, composta por seis fillos, catorce netos e doce bisnetos -o maior xa con 27 anos- que se reuniron nunha comida familiar para homenaxear a unha muller que traballou durante gran parte da súa vida no campo, compaxinando estas tarefas co coidado do fogar e dos fillos. Natural da parroquia de Setecoros, Concepción casou no Sixto con José, que faleceu hai un lustro con 98 anos e co que chegou a celebrar as vodas de platino.