
O curso inscríbese no Programa Integrado de Emprego e conta coa participación de 15 alumnos
21 feb 2024 . Actualizado a las 15:26 h.O Programa Integrado de Emprego no que participa o Concello de Valga inclúe no seu plan formativo un curso de alfabetización informática e internet no que participan 15 persoas e que ten unha duración total 25 horas.
O obxectivo desta formación é que o alumnado aprenda a obter e procesar información nun ordenador, empregando as funcións básicas das aplicacións informáticas de oficina e de internet. O curso consta de dous módulos. Por unha parte, iniciación á informática, sobre o uso das funcións básicas dun dispositivo dixital para realizar tarefas de procesamento e obtención de información, diferenciando os tipos de aplicacións a empregar en función da tarefa a desenvolver.
O segundo módulo está centrado en internet para que os alumnos diferencien os diferentes protocolos, servizos e aplicacións da rede e aprendan as utilizar as funcións principais de cada un.