Invisten máis de 250.000 euros en mellorar camiños en Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

01 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Valga, a través da empresa Covsa, está a executar obras de acondicionamento en estradas e camiños municipais das cinco parroquias. Trátase de vías que, debido ao uso ou ás inclemencias meteorolóxicas, se atopaban en condicións deficientes para a circulación.

As actuacións están programadas nas seguintes estradas: Outeiro-As Eiras, Carballiño-A Torre, Desabanda, Martores-Parafita-O Pino, A Medela, Cerneira, Carballiño, Torre-Souto, Loncras, Cernadas, Tarroeira e fronte ao Belén Artesanal. Os traballos inclúen a limpeza de marxes e apertura de cunetas, a pavimentación con mestura bituminosa en quente e o realce ata a cota do pavimento e das tapas de rexistro. Estanse a investir 252.176 euros do Plan Concellos da Deputación.