«Tan distintas como marabillosas» é o lema elixido para esta acción
07 mar 2024 . Actualizado a las 12:19 h.O Concello de Valga está a impulsar entre o sector empresarial e comercial da localidade a campaña «Tan distintas como marabillosas», coa que o goberno local quere poñer o foco no papel que xogaron e xogan as mulleres no desenvolvemento económico do municipio e na loita que moitas delas desempeñaron en contra dos estereotipos e as discriminacións no ámbito empresarial, industrial e do traballo. Con esta campaña quérense visibilizar os avances conseguidos, pero tamén poñer o foco nos retos que aínda quedan por diante. A tenente de alcalde Carmen Gómez e o concelleiro Pedro Calvo percorreron arredor de noventa empresas e establecementos entre os que repartiron cartelería e unhas composicións florais artificiais elaboradas no CODI.
A programación deseñada polo Concello a través do CIM para conmemorar o Día Internacional da Muller inclúe accións e actividades dirixidas a distintos ámbitos pero incide especialmente na empresa.