O vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, supervisa varios investimentos en Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

CEDIDA

A comitiva autonómica visitou o belén artesanal, que recibiu máis de corenta mil visitas ao longo do Nadal

11 mar 2024 . Actualizado a las 19:09 h.

O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Diego Calvo, visitou onte Valga para comprobar o resultado dos últimos investimentos realizados polo seu departamento no municipio. Calvo, que estivo acompañado pola directora xeral de Administración local, Natalia Prieto, foi recibido polo alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Pedro Calvo e Carmen Gómez.

Ambas Administracións investiron na casa da cultura 122.000 euros na renovación da carpintería exterior e da cuberta das instalacións, ademais de mellorar a seguridade, grazas a uns sistemas de apertura e bloqueo.

Vicepresidente e rexedor mantiveron tamén unha xuntanza na Casa do Concello e visitaron as instalacións deportivas de Campaña e o seu campo de fútbol, necesitado de renovar o seu céspede artificial. A última escala da visita foi o belén artesanal, que recibiu máis de corenta mil visitas ao longo do Nadal.