Nova edición das Olimpíadas de Aldea en Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MONICA IRAGO

O programa da Festa da Xuventude completouse cos concertos de Loita Amada e Ortiga

14 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Valga foi escenario este sábado dunha nova edición da Festa da Xuventude, un evento que, dende hai uns anos, pivota arredor dun evento central: as Olimpíadas de Aldea. Un ano máis, equipas que representan a varios lugares do municipio enfróntanse en retos como o turrasoga, as carreiras de sacos, o brilé... E o mundialito de fútbol praia, claro. Depois, chegou a música da man de Loita Amada e Ortiga.