O prazo de inscripción xa está aberto e hai liberdade todal na elaboriación do prato
05 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Este ano Valga organiza o concurso Anguía Chef, onde se busca as mellores receitas que se elaboran no concello co famoso peixe do Ulla. O prazo de participación abriu onte e non pecha ata o 17 de agosto. Para inscribirse hai que descargar a folla de inscrición na páxina web munnicipal ou recollerse en papel nas oficinas do Concello e cubrirse cos datos persoais do cociñeiro ou cociñeira participante, o nome do prato e unha breve descrición da receita. Hai liberdade total á hora de elaborar os pratos con tal de que a anguía sexa a protagonista.
A receitas deberán presentarse o 22 de agosto no Centro de Interpretación da Caña do País, ás 21.00 horas, cando se reunirá o xurado para a degustación e valoración de todos os pratos. A anguía será aportada polo Concello con anterioridade e o día da presentación o prato debe de vir xa cociñado. Ese mesmo día deberase entregar a receita por escrito con todos os ingredientes e pasos a seguir para o seu cociñado.