O Vilagarcía T.M. remonta en Cambados e sentencia no dobres

vilagarcía / la voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

O E. Otero manténse en zona de promoción pese a caer o sábado.
O E. Otero manténse en zona de promoción pese a caer o sábado. m. irago< / span>

O Establecimientos Otero quéixase da «falta de deportividad» de Andrés Correa

17 nov 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

O gran derbi do tenis de mesa arousán rematou cunha inesperada vitoria a domicilio do Vilagarcía T.M., nova nomenclatura do Liceo Casino, sobre un Establecimientos Otero superado no decisivo duelo de dobres tras chegar a dominar o encontro de rivalidade por 3-1 no pavillón de San Tomé. Un derbi que ademais acabou coa inusual imaxe do adestrador do conxunto local, Ñajo Padín, criticando abertamente a que cualifica de «actitud y falta de deportividad de Correa», o xogador arxentino do Vilagarcía T.M., na partida que lle permitíu o seu equipo forzar o dobres e asinar o 3-4 definitivo.

Os contundentes triunfos de Sergei Nigeruk sobre Julio Reyes no arrinque de derbi e de Guillermo Sánchez ante Carlos Domínguez, con 0-3 e con 3-0, respectivamente, deron paso a unha clara fase de dominio cambadés. Con Fernando Padín dobregando a Andrés Correa 3-2, logo de complicarse a vida cun 8-3 no terceiro set cando xa gozaba dun 2-0. E con Julio Reyes vencendo 3-1 a Carlos Domínguez.

Padín mesmo apuntou á gran sorpresa, varrendo a Nigeruk nos primeiros compases do quinto cruce. Pero o ucraíno rematou impoñendo a lóxica da desigualdade entre ambos os dous para recurtar a vantaxe local cun 1-3.

Foi entón cando se chegou ao enfrontamento entre Guillermo Sánchez e Andrés Correa. Unha partida na que Ñajo Padín critica que «Andrés Correa entró con una actitud desafiante y falta de deportividad. Y ante la pasividad del árbitro provocó que el partido se calentara, lo que sacó del mismo al cambadés, que cedió en un encuentro más ajustado de lo que indica el marcador (0-3)». O técnico do Establecimientos Otero di que «nos queda mal sabor de boca por un partido que teníamos muy bien encaminado y jugando a un muy buen nivel, pero que se ensució todo con la actitud y la falta de deportividad de Correa, que sacó del encuentro a mis jugadores, más inexpertos en este tipo de situaciones». Nigeruk e Correa fixeron valer no dobres a súa maior experiencia, endosándolle un 0-3 a Padín e a Sánchez.

Pese á súa derrota, o E. Otero manténse en zona de promoción, terceiro con catro vitorias; unha máis co Vilagarcía T.M., sexto.

División de Honra