San Roque e que corra o aire!

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Consulta aquí o programa das festas de Vilagarcía

15 ago 2020 . Actualizado a las 21:18 h.

As festas de San Roque desenvolveranse entre o 14 de agosto e o domingo 23. 

Venres 14 de agosto.

  • 20:30 Pregón en homenaxe ao persoal do centro de saúde de Vilagarcía e o hospital do Salnés pola súa loita contra a covid-19. Será traducido en lingua de signos. 
  • 21:00 Salón García. «Conversas con Tana» (Humor). Alejandro Guanella
  • Espectáculo teatral familiar baseado na ventriloquía, onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana manteñen unha fluída e divertida conversa na que afloran diálogos delirantes. Sen reserva previa ata completar aforo
  •  23:00 Praza da II República: Verbena en butaca. A orquestra La Oca presenta Historia da verbena, dúas horas de espectáculo nunha viaxe musical por todas as grandes cancións da verbena galega e universal. Con reserva previa en www.woutick.es

SÁBADO 15 AGOSTO

  • 12:30 Rúas da cidade. Festaclown ? Superroquiños. Desta volta co espectáculo  O estraño caso do dentista da rúa Brasov, de Troula. Un dentista da Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, percorre co seu carromato vilas e cidades buscando clientes para a súa pequena consulta ambulante. Pero o que ninguén sabe e o seu estraño pasado e a súa estraña obsesión que pouco a pouco irá descubrindo a través de xiros inesperados, feed backs, maxia , clown e interacción co público para solucionar esta delirante historia. A reserva de entradas, en www.festaclown.gal.
  • 13:30 Barrio de San Roque. Pasarrúas San Roquiño O Pequeno co grupo de gaitas Os Terribles de Arousa. 
  • 19:30 Praza da II República. Festaclown. Cirqueiras da compañía Culturactiva Producións. Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento. Conducida por Vanessa Rivas veremos unha destacada escolma de números de diferentes estilos a cargo de Raquel Veganzones, Marta Semprearriba, Ánxela Blanco e Mónica de Nut. Aéreos, danza, música e humor a cargo dunha destacada selección de mulleres.Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 20:30 Rúas da cidade. Pasarrúas coas gaitas de Nosa Sra. da Xunqueira. 
  • 22:00 Praza da II República. Festaclown. Cirqueiras, de Culturactiva Producións.Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 23:00 Parque da Xunqueira. Concerto Son da Casa. Arosa Bay. Arosa Bay é unha agrupación musical de amigos, fundada no seno da Asociación do mesmo nome en febreiro do ano 2014, actualmente consta de oito compoñentes e o seu repertorio está baseado en pezas melódicas cantadas e acompañadas por acordeóns, corda e percusión. Nos seus concertos buscan a participación do público pois o seu repertorio está composto de vals, habaneras, boleros etc. Con reserva previa en www.woutick.es

DOMINGO 16 AGOSTO

  • 12:00 Rúas da cidade. Pasarúas cos grupso de percusión Latexo, Som do Lilá, Bloquinho Brasileiro con Aperta. 
  • 19:30 Praza da II República. Festaclown. Espectáculo: Punkdemia da compañía: Peter Punk. Peter Punk está de volta para convertirse no Doutor Punkdemia. Presenta un espectáculo viral no que a través de 4 Fases amosará a súa particular visión da pandemia. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 20:30 Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Brisas do Río Ulla. 
  • 22:00 Praza da II República. Festaclown. Punkdemia de Peter Punk. Reserva de entradas en www.festaclown.gal. 
  • 23:00 Parque da Xunqueira. Kiko Veneno en acústico. Con algúns dos discos esenciais para entender a música en español e recoñecementos moi importantes, Kiko Veneno leva máis de corenta anos creando cancións para si mesmo e outros artistas. O seu primeiro disco (Veneno 1977) xunto aos irmáns Amador, e a súa participación na lenda do Tempo de Camarón (1982) supoñen un fito que marcou camiño para de entender como se pode interpretar e mesturar o flamenco con outras músicas. En Vilagarcía Kiko Veneno fará un repaso por toda a súa discografía. Con reserva previa en www.woutick.es. 

LUNS 17 AGOSTO

  • 11:30 Praza da II República. Festaclown? Superroquiños. Espectáculo: Hop Hop, da compañía: Simone Romanó. É un espectáculo de circo de rúa para todos os tipos de publico, baseado nas artes do circo, no xogo do clown e a interacción co público. As técnicas empregadas son os malabares, o verticalismo, a manipulación de obxectos e a improvisación. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 13:30 Rúas da cidade. Grupo de gaitas Mar de Arousa
  • 19:30 Praza da II República. Festaclown Concerto con Fusión, de Píscore. Foi premio do Público no Festaclown 2019. Nesta produción (con) fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  •  20:30 Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Mocedade da Torre 83.
  • 21:00 Alameda. Concerto Son da Casa: Suricar. Dúo musical de estilo cantautor formado pola guitarrista Maite González e a cantante Alba Nogueira. Sen reserva previa ata completar aforo. 
  • 22:00 Rubiáns. Cine na rúa. Los Japón. En 1614 unha expedición xaponesa encabezada polo neto do emperador desembarcou no pobo sevillano de Coria del Río, e o herdeiro ao trono namorouse dunha bela sevillana, formou unha familia e nunca regresou a Xapón. 400 anos despois, o Emperador Satohito morre e o herdeiro lexítimo resulta ser Paco Xapón. A vida de Paco e da súa familia cambiará drásticamente cando se vaian a vivir ao Palacio Imperial. O choque cultural e lingüístico entre xaponeses e andaluces provocarán situacións cómicas e disparatadas.
  • 22:00 Praza da II República. Festaclown: Concerto con Fusión. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 23:00 Parque da Xunqueira. Concerto. A Banda da Loba.Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. Reserva previa en www.woutick.es

MARTES 18 AGOSTO

  • 12:30 Rúas da cidade. Festaclown ? Superroquiños. Espectáculo: + Ritmo, do Trío Detrés. O grupo anteriormente coñecido como Trío Refugallo convertese en Trío Detrés para dar saída a todo o seu potencial creativo. Olivier Cano, Óscar Prieto e Felix Rodríguez volven a botar o lombo os ventos e a percusión para traernos este sorprendente espectáculo. En +RITMO o trío de música e humor crea un espectáculo con versión itinerante e estática con asombrosos números e xogos musicais. Un espectáculo que nos vai conducindo por momentos de virtuosismo musical e por momentos da risa máis natural. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 13:30 Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Nos de Sobradelo
  • 19:30 Praza da II República. Festaclown. Espectáculo: Plato, platito, platete, de Javi Javichy. Tras vinte anos de espectáculos por todo o mundo, nesta produción o showman Javi Javichy busca a risa en todo momento, utilizando os gags máis clásicos. Combinando rutinas de circo con pratos de porcelana, chapeus, caixas de puros, e acabando cun arriscado numero de rulo americano. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 20:30 Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Froallo
  • 21:00 Alameda. Concerto Son da Casa: Raíñas. Raíñas é un dúo en acústico de voz e guitarra formado por Patty Castro, vocalista residente en Vilagarcía de Arousa, coñecida por participar en formacións de rock, heavy e metal en Galiza e ser a creadora do proxecto de visibilidade MGK, Mulleres Galegas Kañeras, e Ricardo Ferreira, guitarrista/baixista/vocalista. Sen reserva previa ata completar aforo
  • 22:00 Praza da II República. Festaclown - 2ª Sesión. Espectáculo: Plato, platito, platete. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 23:00 Parque da Xunqueira. CONCERTO Son da Casa. Noite de Lírica na Rúa, con Loli Crespo (soprano) e Luis Santana (tenor). Espectáculo de voz e piano pensado para recrear as mellores arias e romanzas de Ópera, zarzuela e canción de autor interpretados pola soprano Loli Crespo e o prestixioso barítono Luís Santana. Con reserva previa en www.woutick.es

 MÉRCORES 19 AGOSTO

  • 11:30 Praza da II República. Festaclown ? Superroquiños. Espectáculo: Isolada, da compañía Pajarito. O naufraxio dunha paiasa nunha illa, o descubrimento dos limites que nos separan, o xogo, a imaxinación, a locura, porque ninguén se libra de estar tolo. Un espectáculo en construcción, onde a paiasa Pajarito busca a súa propia linguaxe. Espectáculo de clown, mudo, poético, na búsqueda das metáforas e os xogos mais universais. Reserva de entradas en www.festaclown.gal 
  • 13:30 Rúas da cidade. Grupo de Gaitas O Souto de Rubiáns 
  • 19:30 Praza da II República. Festaclown. Espectáculo: Te veo, da compañía Cía Vaya + B-Side. O espectáculo Te veo deriva da idea de colocar os artistas e o público dentro da cabeza dunha muller e usar os portés acrobáticos (forzas combinadas) e o circo contemporáneo como mecanismo para revelar a estrutura do seu pensamento, da súa mente e do seu mundo interior. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 20:30 Rúas da cidade.Grupo de Gaitas Treboada de Guillán
  • 21:00 Alameda. Concertos Son da Casa. Perfect Strangers. Sen reserva previa ata completar aforo. 
  • 22:00 Praza da II República. Festaclown - 2ª Sesión. Espectáculo: Te veo.Reserva de entradas en www.festaclown.gal. 
  • 23:00 Parque da Xunqueira. Concerto. Marwan - Trío en Acústico. Marwan conseguiu converterse, grazas ao boca a boca, nun dos cantautores máis recoñecidos do circuíto de salas de España con cheos en todas as cidades. Este verán despídese da súa xiracun repertorio no que, cunha visión cargada de melancolía e sentimento, pero con moita musicalidad, Marwan explora os máis diversos temas en torno ao mundo interior humano. Nesta xira, na que o piano e o violín arroupan a guitarra e voz de Marwan, destacan cancións como “Conviene Saber”, “Cómo Hacer que Vuelvas” o “La Vida Cuesta”, convertidos en himnos para os seus seguidores. Este concerto é unha viaxe persoal onde Marwan ábrese ante o desamor, ás pantasmas interiores e a procura de transcender estes sentimentos. O artista avanzou xa algunhas cancións do que será o seu próximo disco, "O Vello boxeador" e non sería de estrañar que sorprendese ao seu público con algún destes novos temas. Con reserva previa en www.woutick.es

 XOVES 20 AGOSTO

  • 11:30 Praza da II República. Festaclown-Superroquiños. Espectáculo: Cartoons, de Mofa e Befa. Dous tipos (Víctor Mosqueira e o vilagarcián Josito Porto) abandonados nas marxes. Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala. Reserva de entradas en www.festaclown.gal 
  • 13:30 Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Os Trasnos de Guillán. 
  • 19:30 Praza da II República. Festaclown. Espectáculo: O Parrulo Feo da compañía: N +1. Ser diferente aos demais non debe avergoñar a ninguén, o importante é como xestionar esas diferenzas para afrontar o futuro. O parrulo feo, torpe e caótico, amosa mediante as técnicas do slapstik (golpes, caídas, acrobacia excéntrica...), a manipulación de obxectos e a acrobacia aérea, un personaxe con grandes dificultades para facer o que se espera del. No desenvolvemento da peza navegará xunto cos espectadores por un mar de emocións soltando amarras onde as súas debilidades se transforman nas súas fortalezas. Reserva de entradas en www.festaclown.gal 
  • 20:30 Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Garandoiro
  •  21:00 Praza de Galicia. Concertos Son da Casa. Sanjurjo & Dopico. Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixaprén, Balakandra), dous músicos cun longo percorrido na música galega, unen forzas neste novo proxecto no que fan un percorrido polos cantares dos seus anteriores grupos e outros que forman parte da historia da música galega (Batallán, Manuel María...). Ademais, no seu repertorio inclúen novas creacións e algunha que outra versión de artistas internacionais como Solas, The Bills ou Jorge Cafrune. Estes dous veteranos da música galega virán acompañados pola voz, acordeón e teclado do vilaxoanés Álvaro Cardalda. Sen reserva previa ata completar aforo.
  • 22:00 Bamio. Cine na rúa. Shazam. Bolly Batson, un astuto novo de 14 anos, transfórmase no superheroe Shazam, pero os seus poderes son postos a proba cando se enfronta ao mal. 
  • 22:00 Praza da II República.Festaclown. Espectáculo: O Parrulo Feo, da compañía: N+1. Reserva de entradas en www.festaclown.gal. 
  • 23:30 Parque da Xunqueira. Concerto. Brisa Fenoy. Si falamos de Brisa Fenoy, estamos falando de composicións comprometidas, producións arriscadas e unha voz moi persoal.Compositora do hit “Lo malo” e colaboradora de Operación Triunfo. Leva anos compaxinando o estudo de instrumentos tradicionais como a guitarra e o piano, cos sistemas de produción musical máis innovadores, como o seu inseparable maschine”. Con reserva previa en www.woutick.es

VENRES 21 AGOSTO

  • 11:30  Praza da II República. Festaclown ? Superroquiños. Espectáculo: Betu Pallaso. De la compañía Albert Vinyes. Unha escolma de números clásicos con sabor propia que se mesturan con mestría neste espectáculo. Pequenos e divertidos números que xa pasaron por moitos escenarios. Rutinas cómicas para pequenas e grandes sempre coa autenticidade como bandeira. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 13:30  Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Santa Plácida de Rubiáns. 
  • 19:30  Praza da II República. Festaclown. Espectáculo: A Saúde é o Primeiro, de la compañía Artefeito. A saúde é o primeiro é unha gala a prol da sanidade pública e dos seus profesionais. Unha gala onde a través do humor facemos homenaxe á súa labor e unha reivindicación da sanidade gratuíta universal en tempo de máxima necesidade. Coñecidos artistas do panorama cultural galego como Isabel Risco, Pedro Brandariz, o Mago Teto e Fran Rei acompañados do pallaso catalán Albert Vinyes nunha gala tan divertida como emotiva e comprometida. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 20:30 - Rúas da cidade. Pandereteiras Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa. 
  • 21:00  Praza de Galicia. Concertos Son da Casa. A Doce Vita, Cuarteto Sons de Cine. Unha selección das mellores bandas sonoras de tódolos tempos a ritmo de JazzNoli. Sen reserva previa ata completar aforo
  • 22:00  Praza da II República. Festaclown. Espectáculo: A Saúde é o Primeiro, de Artefeito. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 23:00  Parque da Xunqueira. Concerto. Guadi Galego - Inmersión. Inmersión é a nova entrega discográfica de Guadi Galego que nos adentra nun universo íntimo, minimalista e arriscado, no que colaboran más de 20 artistas, gravado en 7 linguas, e que supón un salto cara á reconstrucción e reinvención da propia artista. Once temas xa editados nos seus últimos traballos e un tema inédito que son agora en mundos musicais distintos, en linguas diversas (as 7 linguas da Península Ibérica) e cunha estética totalmente actual e innovadora. Con reserva previa en www.woutick.es

     

Sábado 22 de agosto

  • 12:30 Rúas da cidade. Festaclown ? Superroquiños. Animacreques, de Catropés. En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa. Anxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira. Reserva de entradas en www.festaclown.gal 
  • 13:30  Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Malveiras
  • 19:30  Praza da II República. Festaclown. Espectáculo: Ikigai, de la compañía: Su. Ma. Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador. + info e reserva de entradas en www.festaclown.gal
  •  20:30  Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Os Xirifeiros
  •  22:00  Praza da II República. Festaclown - 2ª Sesión. Espectáculo: Ikigai. Reserva de entradas en www.festaclown.gal
  • 23:00 Parque da Xunqueira. Concierto Son da Casa. Nacho Pérez Quinteto (formación de jazz). O multiinstrumentista vilagarcián presenta o seu próximo disco coa súa nova banda formada por varios dos mellores músicos da escena nacional como Pablo Castaño (Santiago/New York) no saxo alto e soprano, Wilfried Wilde (Francia/Bueu) na guitarra, por unha sección rítmica orgánica e consistente con Pablo Patiño (Vilagarcía/Lisboa) no contrabaixo e Ana Sanabria (Santiago D. C.) na batería. Con reserva previa en www.woutick.es
  • 24:00 Praias da Concha-Compostela / Carril / Vilaxoán. Espectáculo Pirotécnico Sicronizado San Roque. Fogos en altura simultáneos dende 3 puntos da costa vilagarciá para ver dende a distancia con seguridade. Prégase non acudir as praias. Espectáculo retransmitido vía streaming na web de facebook e na canle Youtube do Concello de Vilagarcía de Arousa. 

DOMINGO 23 AGOSTO

  • 12:30 Parque da Xunqueira. As Xeneralas do Ulla, de Títeres Cachirulo. Personaxes e cabalos son marionetas talladas en madeira e articuladas sobre uns carros que permiten a visibilidade dos espectadores, xa que alcanzan os 2,20 metros de altura. Contan un relato entre as cancións acompañadas de pandeiretas e gaita, unha mestra de cerimonias vai presentando unhas divertidas marionetas rigorosamente ataviadas coas vestimentas dos diferentes personaxes do entroido. Con reserva previa en www.woutick.es
  • 13:30  Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Lumarada de Cornazo. 
  • 20:30  Rúas da cidade. Grupo de Gaitas Airiños do Carril.
  • 19:00  Parque E. Valdés Bermejo. Folk no Alobre, organizado por Pés de Barro e o Concello de Vilagarcía. Concertos Folk no Alobre: (19:00 - Abóbriga; 19:50 - Visita guiada polo Castro e Parque Enrique Valdés Bermejo con Xurxo Souto e un grupo tradicional; 21:00 - Susana Seivane). Con reserva previa en www.woutick.es
  •  22:00  Xunqueira. Cine na rúa. Angry Birds 2.