O BNG incide na situación financiera «comprometida» de Valga tras o último informe do Tribunal de Cuentas

Raquel Cocaño, B.C. VALGA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Dende a formación aseguran un incremento nun 270 % do importe negativo do remanente de tesourería para gastos xerais

06 ago 2024 . Actualizado a las 18:48 h.

O 23 de xullo do 2024, o Tribunal de Cuentas publicou o informe de fiscalización do sector público local, correspondente ao exercicio do 2022. Dentro da análise que efectúa sobre as contas recibidas do Concello de Valga, «o organismo estatal de control procedeu á comprobación da coherencia interna dos diferentes estados contables, coa finalidade de garantir que os mesmos reflicten a imaxe fiel da execución orzamentaria e do patrimonio de Valga», aseguran dende os nacionalistas. Ademais, constatan que «a incidencia máis significativa detectada nas contas do Concello é que o remanente da tesourería para gastos xerais é negativo». A este informe, agregan, «hai que engadir os xa publicados durante este ano polo Consello de Contas que indicaba que o Concello de Valga se atopa nunha situación financeira comprometida».

O remanente da tesourería reflexa a situación dunha entidade ao peche dun exercicio, que se atopa dispoñible para financiar gastos, resultando un indicador relevante para valorar a solvencia financeira a curto prazo. Cando dito remanente presenta valores negativos, indica que terá que obter recursos futuros para atender o excesos de gastos. Dende o BNG asegurarn que o Concello será incapaz de afrontar as débedas ao finalizar o exercicio.

No anterior informe, correspondente ao ano 2021, o Concello de Valga contaba cun remanente de tesourería para gastos xerais negativo de 154.928,89 euros, namentres que o do 2022 ascende a 573.666,15 euros, segundo aseguran as fontes da formación. Ese aumento supón un incremento dun 270 % con respecto ao exercicio anterior, co que Valga «sitúase como o sétimo Concello de toda Galiza con maior cifra negativa para o remanente da tesourería».