O Sagrada Familia de Vilagarcía, segundo no Club de Debate Alingua

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O primeiro posto da final do certame de oratoria recaeu no Terra de Xallas de Santa Comba

27 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis de medio cento de mozos e mozas dos oito equipos finalistas —IES O Carril, IES Canido, CPR Galaxia, IES Luís Seoane, IES Terra de Xallas, IES Canido Filial, CPR Sagrada Familia e Colexio Lasalle— amosaron onte as súa habilidades retóricas no auditorio de Vilagarcía. Nesta ocasión, o Club de Debate Alingua, ideado para fomentar o emprego do galego oral, propuña como tema de discusión a chegada de persoas procedentes de fóra de Galicia e a oportunidade que representan para a lingua galega. Cada escuadra interveu en dúas quendas, adoptando en cada unha delas a opción a favor ou en contra desta tese. Ao cabo, os dous primeiros postos foron para o instituto Terra de Xallas, de Santa Comba, e para o colexio Filipense de Vilagarcía.

Serán estes dous equipos os que gocen do premio, consistente nunha viaxe multiaventura dunha fin de semana con contidos culturais. O xurado estivo integrado por Paula Cantelar, Rocío Loureiro, Luz Zas, Carlos Vieito e Gabino Vázquez.