
O Castro Alobre repartiu imáns por diferentes locais da cidade
26 jun 2025 . Actualizado a las 17:24 h.Alumnos do IES Castro Alobre repartiron hoxe 6.000 imáns entre locais de hostalaría e comercio no marco da campaña Implicados co galego. O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía leva máis de dez anos colaborando con esta iniciativa, que busca fomentar o uso da lingua galega. Os imáns, deseñados polo propio alumnado, amosan lugares emblemáticos da cidade.